martes, 29 de enero de 2013

MARTES 29 de xaneiro do 2013

Unha entrega máis deste noso programiña: "Galegos no BAIX".
Comezamos, como cada semana, conectando con Galicia, concretamente co noso correspondente Xosé M.F.Montes, que nesta ocasión atópase en Santiago de Compostela. Fainos un percorrido polas "novas informativas" que escolle para tódolos nosos oíntes e seguidores. Concluímos a charla con el recollendo e escoitando as súas "sentencias retranqueiras" que tanto nos engaiolan.


Na segunda parte do programa volvemos a comunicarnos con Galicia, e nesta ocasión falamos con RUBÉN FERNÁNDEZ, o Xerente e propietario de "Casa Castelao" en A Fonsagrada, que nos informa da celebración da XVI Feira do Botelo nesa localidad, prevista para os días 2 e 3 de febreiro próximo, ademais de darnos a coñecer toda a serie de productos que elaboran na súa fábrica. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos, así como a posibilidad de poder manter unha conversa tan amena e ilustrativa como a de hoxe.


A vindeira semana tentaremos facer outro programa coma este, a ser posible mellor e con máis novidades, informacións, música e entrevistas agradables e interesantes.

miércoles, 23 de enero de 2013

Terceiro Programa do 2013

22 de XANEIRO 

 Comezamos esta semana dándolle a ben-vida a Xulio Couxil, que na semana pasada non puido estar con nosoutros e deseguida encetamos a sección ¿Quen che preguntou? conectando directamente coa "capital" da Ribeira Sacra (Monforte), para falarmos co noso corresponden Xosé Manuel F.Montes, como é habitual. A nosa conversa-comunicación con el, é sempre moi relevante e chea de interese. Sempre atopa novidades e informacións atraíntes e cunha certa chispa de humor retranqueiro. Agradecémosllo moi encarecidamente e despedímonos coas súas "sentencias semanais".

 Na segunda parte do programa falamos con CARME, a xerente e dona da Casa Rural XANELA DA LÚA, en Lira (A Coruña) que nos pon ao corrente das moitas posibilidades e ofertas das que se poden aproveitar os nosos oíntes e seguidores. A estancia na súa vivenda rural pódese acompañar cunha degustación especial de inverno: o cocido galego por excelencia. Unha proposta moi axeitada para este tempo e paga a pena aproveitala. 

 A vindeira semana voltaremos con máis noticias e máis novidades.

martes, 22 de enero de 2013

Programa do 15 de xaneiro

Segundo Programa do ano 2013

Comezamos o programa conectando con XOSE MANUEL F.MONTES, como cada semana, que dende a capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- fainos a súa crónica particular acompañada das súas sentencias con retranca, que sempre amenizan a nosa conversa e danlle ese punto de sabor galego á antiga usanza e con moito "fundamento".

Despois conectamos co noso amigo, Pintor, cronista e colaborador MASITO BEIRÓ, que dende Padrón conversa con nosoutros e fainos un pequeno relatorio moi interesante para todos.

A vindeira semana voltaremos e seguro que con máis novidades e informacións.

martes, 8 de enero de 2013

Primeiro programa do ano 2013.

  Despois duns días de vacacións con motivo das festas do Nadal, Fin de Ano, Aninovo e Reises, comezamos un novo programa de radio en galego para continuar coa mesma teima de espallar a nosa cultura neste entorno no que nos atopamos, e na que nos sentimos tan ben recibidos e respetados. 
A primeira comunicación da tarde volve a ser, como cada semana, co noso colaborador e correspondente XOSE M.MONTES, que dende a capital da Ribeira Sacra (Monforte) achéganos a súa particular escolla de comunicacións e novidades, que están a suceder por aqueles lares talegos. 

  

Na segunda parte do programa conectamos con ANTÓN VARELA, un GAITEIRO-Luthier e Mestre de moitos alumnos desexosos de aprender a tocar a gaita e moi coñecedor deste instrumento tradicional galego. A conversa con el sérvenos para coñecelo un chisco máis e prometémonos volver a chamalo para poder aprender moitas cousas máis, que no pouco tempo que estivemos a falar con non nos chegou para asimila-lo todo.  

A vindeira semana voltaremos, e desexamos que volvan a escoitarnos, e se desexan participar con nosoutros estaremos encantados de recibir as súas propostas e poñelas en práctica, se  non son moi difíciles e nos é posible. 

 ¡¡¡ Que pasen unha semana moi ditosa !!!