jueves, 26 de septiembre de 2013

XOVES 26 de setembro

Mudando o horario e o día de emisión, comezamos un novo programa de "GALEGOS NO BAIX", coa intención de que todos poidan disfrutar de dúas horiñas de información, boa música e boa compañía.
Propoñémoslles escoitar unha peza musical da nosa tradición galega, e conectamos con ERNESTO LAGARON, que nos pon ao corriente das actividades e grandes eventos previstos realizar no Valle Hebrón de Barcelona esta fin de semana. SAUDADE, xunto coa Fundación Galicia Universal, teñen previsto a realización das: XORNADAS EMPRESARIAIS CULTURAIS E GASTRONÓMICAS DE GALICIA EN CATALUNYA. Actos de grande alcance para tódolos interesados. Este vindeiro venres, 27 inagúranse os Actos coa presentación-inauguración na Carpa preparada para tal efecto ás 13 horas. A seguir sucederanse as diversas Conferencias, Degustacións de productos galegos de calidade, Presentación e promoción turística de Galicia... etcétera. Tamén haberá música galega, un Concerto a cargo de Lucía Pérez e verbenas para tódolos gustos. Convida a tódolos nosos oíntes e seguidores a que se acheguen a esta celebración, que promete ser unha mostra moi interesante e diferente de tódalas Festas Galegas en Barcelona. Desexámoslles moitos éxitos.

Despois de escoitar outra peza de música poñémonos en contacto cun "zoqueiro" galego de grande renome. Trátase de ALBERTO GEADA, que nos pon ao corriente das súas creacións e traballo tradicional, dos que xa quedan poucos en Galicia. Unha conversa moi amena e chea de engado. Agradecémoslle a súa participación neste noso programa.

Na segunda hora falamos co noso correspondente e amigo XOSÉ M.MONTES, que dende Monforte de Lemos, tal e como viña facendo en anteriores edicións, ponnos ao corrente das escollas informativas que nos ofrece a tódolos nosos oíntes e seguidores. Agardámolo para vindeira semana e desexámoslle todo o mellor.

Rematamos o programa con algunha que outra pequena noticia curiosa e despedímonos de todos vosotros ate o vindeiro xoves. 

Agardámosvos a todos e desexamos a vosa participación e colaboración.

martes, 17 de septiembre de 2013

MARTES 17 de setembro 2013

Comezamos unha nova tempada, coa mesma sintonía de sempre e cos mesmos componentes do equipo: Nos controis Técnicos DAMIÀ. Como correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), en Galicia, XOSÉ MANUEL F. MONTES e nas locucións Xulio COUGIL e mais ARMANDO FERNÁNDEZ.

Conectamos con Xosé Manuel, o encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nos fai un pequeno relatorio do máis sobranceiro das comunicacións-noticias en Galicia e... Como non? Falamos dos incendios que arrasan o máis fermoso da nosa terra. A praga, o cancro dos veráns... Primeiro ponnos os dentes longos coa descrición do lugar onde se atopa (Saviñao) e infórmanos das viandas que acababa de degustar na "bodega-chiringuito" da viña dende onde contempla a fermosura das ladeiras que baña o encoro de Belesar.  Tamén se detén un chisco falando da noticia do achádego dun boleto da primitiva que se entregou no xulgado na Coruña, e que xa ten varios pretendentes... Despedímolo coa nova para tódolos nosos oíntes: Mudamos de día de emisión e aumentámo-lo horario: TÓDOLOS XOVES DE 16h á 18horas. Polo tanto a vindeira semana, día 26 de 4 a 6 da tarde.


Escoitamos un bocadiño de música e comunicámonos con JUAN PEDRO S. membro da Directiva da ASOBECAT, Asociación de Bercianos en Cataluña, para que nos informe, polo miúdo, da celebración da IX ROMERÍA BERCIANA en Polinyà, na honra da VIRXE de la ENCINA, que levarán en procesión polas rúas da devandita cidade e MISA Solemne no Parque LOS PLATANEROS, ao carón do Pavillón de Deportes. Celebrarán o IV Torneo Día do Bierzo, coa colaboración do Club de Bolos de Horta. Poderán degustarse os productos do Bierzo, xa que terán un servicio de BAR, CAFETERÍA e BARBACOA, para uso de tódolos asistentes. ¡Feliz FESTA!!!


Ata a vindeira semana, o XOVES, 26 de setembro de 4 á 6 da tarde. Con máis novidades e sorpresas. ¡Agardámosvos! 

martes, 3 de septiembre de 2013

Nova tempada : 2013 - 2014

Ola a tod@s:

Xa estamos de volta das vacacións. 
Traballamos para incorporar MOITAS E IMPORTANTES NOVIDADES, para esta nova tempada que se presenta chea de grandes desexos de benestar para tódolos que nos seguides. 
Traballamos coa posibilidade de ofrecervos un programa máis extenso e con máis contido. 
Tentamos poñer en marcha novas seccións nas que poder ofrecervos:
.- Entrevistas, 
.- Música, 
.- Conexións en directo cos nosos colaboradores, 
.- Participacións dos oíntes e seguidores, 
.- Concursos e Sorteos... ... 
.- e moitas cousas máis. 
Desexamos que participedes e colaboredes nas diferentes seccións que imos a poñer en marcha. Contamos con todos vosoutros e queremos a vosa "axuda"
Estade atentos, porque posiblemente teremos que mudar de horario e amplialo

Denantes do día 17 de setembro voltaremos a darvos noticias desta nova tempada.

Saudiños moi cordiais a TOD@S.
O Equipo de "Galegos no BAIX".