jueves, 30 de enero de 2014

XOVES, 30 de XANEIRO do 2014

Un día máis con vosoutros para ofrecervos este programiña de dúas horas de entretenimento con noticias, entrevistas e conversas interesantes.
Comezamos comunicándonos co Xerente da CASA GRANDE de "A FERVENZA", en O Corgo-Lugo. Fainos un percorrido, moi polo miúdo, do que é este lugar tan engaiolante, que pertence ao grupo de PAZOS de GALICIA. Unha Casa Grande Galega que se rehabilitou para ofrecer os servicios de Restauración e Aloxamento de alta cualidade. Despedímonos co desexo de voltar a conversar con eles en vindeiras datas.

Namentres agardamos a chegada da segunda parte deste noso programa (hoxe non podemos conectar coa Ribeira Sacra, xa que o noso correspondente ten certas obrigas personais que lle impiden poder dispoñer da súa aportación semanal), damos cumprida conta dalgunha información que chega á nosa Redacción.


Xa nesta segunda hora conectamos novamente con Galicia, para falarmos con Adrián, un dos componentes do Grupo musical GUEZOS, de Ourense. Unha conversa mixturada con algo da música que eles mesmo nos enviaron, e coa que deleitamos aos nosos oíntes. Agradecémoslle a súa desinteresada participación e prometémonos voltar a conectar con eles para cando publiquen as súas vindeiras creacións.

A ultima conversa-entrevista é co SR.MANUEL, Presidente da Asociación Cultural ANTARUXAS e SORTEIROS, de A Fonsagrada, quen nos pon ao corrente das moitas actividades que realizan, e comentamos con el varias cuestións de interese relacionadas con esta Asociación Cultural de A Fonsagrada. Concordamos en voltar a conectar con eles para que nos fagan partícipes da vinideira publicación dun CD, que están a preparar, así como do significado do seu propio nome: Antaruxas e Sorteiros.

A vindeira semana máis, e se é posible mellor... ... ...

jueves, 23 de enero de 2014

XOVES 23 de xaneiro do 2014

Un día máis con vosoutr@s. Tentamos levar adiante este programiña en galego para disfrute de todos e estamos ao voso dispor con respecto a tódolas vosas suxerencias. Hoxe comezamos conectando con Galicia para falarmos con RAMÓN BLANCO, un profesor, escritor e poeta das terras de A Coruña, concretamente de OUTES, con quen xa tivemos algunha que otra conversa radiofónica, pero que agora é moi interesante a súa participación para que nos informe dalgunhas novedades e informacións. Agradecémoslle a súa participación e dedicación e comprometémonos a volver a falar con el en datas vindeiras, para que nos siga ilustrando cos seus ensinos.


A segunda participación-conversa é con XOAQUIN XESTEIRA, un Músico-Profesor galego que ademais é o Director da Fundación SONdeSEU, a Orquestra da ETRAD de VIGO. Comentamos un chisco a traxectoria desta formación musical e fálanos do ultimo traballo publicado: Danzas Brancas, mentres escoitamos algunha peza deste ultimo disco. Agradecémoslle que perdera eses minutiños connosco e prometémonos voltar a falar con el sobre os seus concertos exitosos.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente na RIBEIRA SACRA, Xosé Manuel F.Montes, que nos ten seleccionadas varias informacións galegas e remata a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU, con algunha sentencia retranqueira, como é habitual.


Denantes de rematar, falamos novamente con Galicia, concretamente con don JESÚS, o xerente de QUEIXOS O CASTELO, de Pedrafita do Cebreiro. Mantemos unha conversa moi entretida e agradable e danos a coñecer algunha cousa que seguro é esclarecedora para tódolos nosos oíntes. Prometémoslle visitalo e voltar a falar con el en próximos programas ou emisións.

A vindeira semana máis, e se é posible, mellor. ¡¡ Agardámosvos!!

jueves, 16 de enero de 2014

Primeiro Programa do ano 2014

XOVES 16 de xaneiro

Despois de saudar aos nosso oíntes e seguidores, así como a todo o equipo de "Galegos no BAIX", poñémonos a "andar" para ofrecerlles unha emisión máis. A primeira pesa é unha de "RADIO COS", que nos deleitan coa interpretación do Vals do Amor. Deseguido comunicámonos con MANUEL ANXO DURÁN, Fundador e Director de ABERTAL, a Escola de Música e Danza de A Rúa de Valdeorras. Unha conversa-entrevista moi interesante. Prometémonos voltar a falar con el para o mes que ven, aproveitando a celebración do 25 aniversario da fundación de ABERTAl, a sea Escola de Música e Danza.

Comezando a segunda parte, facémonos eco dalgunha noticia interesante relacionada coa nosa cultura, de alto calado e importante, con respecto á obra de Rosalía de Castro e outra relacionada coa música galega.


Despois de escoitar un chisco máis de música, chamamos á capital da RIBEIRA SACRA, para falarmos co noso correspondente en Monforte, XOSÉ M.F.MONTES, que nos pon ao corrente das novidades-curiosidades do seu entorno e de Galicia en xeral. Segue na mesma liña de sempre e agradecémosllle a súa aportación.

Antes de rematar falamos con JUAN PEDRO SANCHEZ, membro da Xunta Directiva de ASOBECAT, A Asociación de Bercianos en Cataluña, que ten previsto realizar o XI FESTIVAL do BOTILLO en Cataluña, como ven sendo habitual cada nao, no Hotel Campus de Bellaterra. Este ano homenajearán á S.D.Ponferradina e ó Concello de Ponferrada. O día de celebración será o vindeiro 25 de XANEIRO.


Despedímonos desexando que volvan a sintonizarnos o próximo xoves, que voltaremos a ofrecerlles a nosa proposta auditiva con novidades, entrevistas e música da nosa.
Lembre que este programa volve a emitirse o domingo 19 de 13 a 14 horas.