jueves, 26 de junio de 2014

Ultimo programa desta tempada

XOVES 26 de XUÑO do 2014

Para despedirnos de tódolos nosos oíntes e seguidores, este programa de hoxe tivemos a ocasión de falar con ANDRES PENABAD, Profesor Acordionista de As Pontes (A Coruña) que ven de publicar o seu primeiro Disco CD "Crossings". Mantemos con el unha conversa moi interesante e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras ocasións. 

As noticias que chegan á nosa Redacción fan que lle adiquemos un chisco de tempo para comentalas, e centrámonos nos comentarios relacionados coa recuperación do Carballo Anano (Quercus Lusitanica Lam) e o Lirio do monte (Iris Boissieri) no Monte Pindo-Parque Natural, despois dos incendios sofridos o verán pasado.

Na segunda hora conectamos con Monforte, a captial da Ribiera Sacra, para que o noso correspondente Xosé Manuel F.Montes nos relate os sucedidos e escollas que sempre nos ofrece na súa sección: QUEN CHE PREGUNTOU?

Denantes de despedírmonos voltamos a facer algúns comentarios sobre as novidades musicais galegas e facémonos eco do recente traballo publicado polo grupo de música retrovanguardista "ULTRÄQUÄNS". Tamén aproveitamos para felicitar á nosa amiga SES (María Xosé Silvar), que ven de recibir o Premio LEIXAPREN 2014, pola súa promoción da língua galega e que entrega cada ano, desde o 1999, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística Galega. Os votos dos Profesores e alumnos foron os que decidieron este premio.

E despedímonos ate o mes de setembro, que voltaremos desexando que teñades un ¡Moi Feliz Verán! e que voltemos todos con moitos azos e coas "pilas" cargadas para poder afrontar unha nova tempada.

viernes, 20 de junio de 2014

19 de XUÑO do 2014

No programa de hoxe ofrecémoslles variedade e moita información comprimida. Axudámonos da nosa música gallega para irmos adubiando as conversas que mantivemos e tentamos facerlles agradables estas dúas horiñas de radio en galego.
Nun primeiro momento falamos da "FESTA Galega" de Can Mercader, organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, e propoñémoslles escoitar algunha peza musical galega.

A seguinte intervención-entrevista é con CARMEN PENIN, de "2na FRONTEIRA", que nos atende moi amablemente e comentamos con ela os seus traballos e actuacións, así como os proxectos de futuro que teñen previsto realizar. Agradecémoslle a súa dedicación e desexámoslles moitos éxitos,  prometéndonos voltar a comunicar con ela para que nos siga informando das súas creacións.

De seguido comunicamos co Presidente da Asociación C.G.Rosalía de Castro, don ALFONSO RICO, que nos debulla moi detalladamente os actos previstos realizar nos 3 días de Festa en Can Mercader.


Falamos agora co don ELADIO PIÑEIRO, da Adega familiar do mesmo nome, con quem mantemos unha conversa moi agradable e moi enriquecedora sobre a elaboración dos viños que produce na súa propiedade, e moi detalladamente sobre o viño albariño ENVIDIA COCHINA. Agradecémoslle a amable atención que nos dispensa e voltaremos a conectar con el en videiras ocasións.

Enchémonos de ledicia ao voltar a comunicar con SES, María Xosé Silvar, a nosa cantautora galega máis "rompedora" no eido musical  galego, que nos recibe moi amablemente. Coméntanos varias das súas ultimas actuacións e do moitísimo traballo que ten por diante para este verán. Anúncianos, en primicia, que seguramente para o outono teremos a oportunidade de disfrutar da súa presencia e actuación en terras catalanas. Felicitámola e desexámoslle que siga acadando éxitos "a barrer".

A vindeira semana voltaremos con máis informacións e entrevistas. ¡Agardámosvos!

12 de xuño do 2014

Unha entrega máis do noso programiña en língua galega. Disculpamos a ausencia do noso compañeiro XULIO por mor de certas obrigas persoais.
A primeira comunicación con Galicia facémola conectando con AÏNOA MALLO, Profesora do Curso de motivación para a venda de xoiaría nun contorno cambiante, organizado polo COXGA, que nos explica con detalle esa proposta de formación para os profesionais da xoiaría en Galicia.

Despois damos a coñecer, polo miúdo, a realización da Festa Galega en Can Mercader, que cada ano organiza a A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, e que este ano cumple o seu 34 Aniversario.

Na segunda hora conectamos coa Ribeira Sacra, para recoller as propostas que nos ofrece o noso correspondente XOSE MANUEL.F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten unha boa recolecta de sentencias con retranca.

Falamos logo con DANIEL PÉREZ, un dos Profesores que impartieron un Curso de BIRIMBAU ou TROMPA, na Fonsagrada, aos cativos de Primaria daquela localidade. Agradecémoslle a súa aportación e seguro que voltaremos a contar con el para vindeiras ocasións.

A vindeira semana máis.

jueves, 5 de junio de 2014

XOVES 5 de XUÑO do 2014

Unha emisión máis do noso programiña en língua galega. Dúas horiñas de música, noticias e entrevistas relacionadas coa nosa cultura galega.
Hoxe comezamos con FRAN ALLO, un músico nado en Santiago de Compostela, que ven de publicar un seu primero traballo-CD titulado : "El sueño que persigo", e que acaba de chegar de Alemania, onde estivo presentándoo e deleitando a tódolos asistentes no seu concerto, do que ven cheo de satisfacción polo éxito acadado. Felicitámolo, doblemente, xa que mañá é o seu cumpleanos, e tamén polo seu CD.


A segunda conversa é con SUSO DÍAZ, un amigo e colaborador das nosas emisións, ao que tamén felicitamos pola publicación dun feiticeiro traballiño poético coordinado por ANTONIO GOMEZ na Editora Regional de Extremadura. Agasállanos despedíndose coa lectura dun seu poema.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, que nos pon ao corrente das diversas informacións galegas escollidas para sección QUEN CHE PREGUNTOU?


No final conectamos con RAFA CARPACHO, Jefe de Prensa do REAL CLUB DEPORTIVO de A Coruña. Felicitámolo polo seu recente ascenso á 1ª División do fútbol español e desexámoslles moitos éxitos.

A vindeira semana voltaremos e agardamos a vosa sintonización e participación con nosoutros.