jueves, 30 de octubre de 2014

30 de OUTUBRO do 2014

O último programa deste mes. En primeiro lugar conectamos con VICTOR VÁZQUEZ, que a partir agora será o noso correspondente galego encargado do deporte en Galicia. Tentaremos facer unha boa cobertura relacionada co deporte, pero tamén nos gustaría recibir as suxerencias e propostas de tódolos nosos oíntes e seguidores. A vindeira semana falaremos desto un pouco máis detidamente para podermos acadar os obxetivos que nos propoñamos.


A segunda entrevista-conversa é co poeta e amigo-seguidor SUSO DÍAZ, que nos axuda a facer un percorrido polas súas inquedanzas, que tamén son as nosas. Sempre que o chamamos énchenos de información e novidades moi interesantes.


Na segunda hora comezamos coa conexión habitual de QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ M.F.MONTES, que sempre ten unha chea de novidades e informacións escollidas por el para darlle un chisco de animación e "retranca" ao noso programa, e co que disfrutamos departendo coa súa conversa.


Para finalizar detémonos a comentar  as novidades musicais chegadas á nosa Redacción e que nos informan da presentación do CD de DANIEL MINIMALIA: ARENAS DE LUNA e do CD de FIANDOLA: "VOLTA E MEDIA". A vindeira semana prometémonos tentar falar con algún deles para que nos falen algo máis polo miúdo destes seus traballos.


Agardámosvos a TOD@S o próximo xoves, xa no mes dos SANTOS.

jueves, 23 de octubre de 2014

XOVES : 23de OUTUBRO do 2014

Comezamos esta nova emisión conectando con Galicia para falarmos con CARMEN PENIN, de "2 na Fornteira", o grupo musical que nos agasalla cunha serie de temas que nos envióu e aproveitamos (escoitándoa de fondo) para felicitala polos éxitos que está acadando, así como da súa traxectoria e dos proxectos e concertos que próximamente teñen previsto realizar. Despedímola cunha das fermosas cancións deles.

Comentamos a nosa asistencia á presentación dos viños da D.O. Ribeiro no Hotel Marina de Barcelona, que se celebrou onte á noite. Tamén comentamos algunha cousiña máis e propoñémoslles escoitar outra peza musical galega: do CD ARRUIDOS, de Cantares do Brión.


Na segunda hora falamos con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente na Ribeira Sacra, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre nos ten preparadas algunhas informacións relacionadas coas novidades en Galicia e otras cousas interesantes.


A ultima parte é para falarmos con MARÍA XOSÉ SILVAR, más coñecida como SES, cantautora cunha proxeción musical moi importante e que próximamente fará unha actuación coa súa banda na Sala Salamandra de Hospitalet de Llobregat, concretamente o día 29 do vindeiro mes de novembro. Teremos tempo de voltar a entrevistala, un chisco máis detidamente, e prometrmos poñernos en contacto con ela para comentar moitas máis cousas e facer un agasallo a aqueles oíntes e seguidores que desexen asistir ao seu Concerto. Despedímola coa súa música.

A videira semana máis.

jueves, 16 de octubre de 2014

quen che preguntou

Unha emisión máis en galego, coa intención de facervos pasar dúas horiñas de radio entretidas. Comezamos comunicándonos con XESÚS VIZCAIA, "Xús" para os amigos. Un apicultor de Viana do Bolo (Ourense) con quen mantemos unha conversa moi interesante relacionada coas abellas, e moi concretamente cunha proposta moi engaiolante: "Apadriña unha colmea". Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a falar con el para que nos siga a ilustrar sobre o seu traballo.


Continuamos en Ourense, pero nesta ocasión achegámonos ao Carballiño para conversar con SERXIO, da Panadería "Europa", pero que xa é máis coñecido como "Pan P'a Todos", e que como el mesmo nos indicou seguro que mudarán o letreiro e adoptarán este último porque se atopan moi a gusto con esta definición do seu negocio. En vindeiras datas voltaremos a comunicarnos con Serxio e Mati, para que nos falen da súa traxectoria.


Na segunda hora, como cada semana, conectamos coa capital da Ribeira Sacra, para que nos fale das noticias que escolle o noso correspondente XOSÉ M.F.MONTES, e que sempre veñen acompañadas de certa retranca e retrouso no seu falar. A sección QUEN CHE PREGUNTOU?, vai acadando outra dimensión; os nosos oíntes e seguidores así o confirman.


Antes de finalizar o programa escoitando música galega, conversamos e entrevistamos a don MIGUEL ANXO VISO DIÉGUEZ, Presidente da C.R.D.O. Ribeiro, que nos fala do evento no que teñen previsto participar en Barcelona: Forum Gastronómico, presentando nada menos que os viños de 13 adegas do Ribeiro, acompañado de don Diego López (Restaurante La Molinera) mellor cociñeiro do ano,  dona Meritxel Falgueras, sommelier e don Pablo Vidal, Director técnico. Todo un equipo de altura para presentar os viños do Ribeiro. Agradecémoslle as súas palabras e a súa amable atención. Seguro que voltaremos a facerlle algunha chamadiña, máis adiante, para que nos facilite unha valoración do acontecemento.


A vindeira semana máis e, se podemos, mellor. 

jueves, 9 de octubre de 2014

9 de OUTONO do 2014

Unha nova emisión deste noso programa en galego, para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos conectando con Galicia, concretamente coa Ribeira Sacra, para falarmos con CESAR ENRIQUEZ, dono das Adegas CACHIN, na Abeleda. Despois de felicitalo polo éxito acadado últimamente: Foi o viño que escolleu OBAMA, para degustar cos congresistas nunha recente celebración, mantemos unha pequena conversa-entrevista na que intercambiamos informacións e comentarios diversos.

Despois falamos con XOSE MANUEL GARCÍA CREGO, Presidente do Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, que veñen de publicar un CD moi engaiolante, titulado ARRUÍDOS. Aténdenos moi amablemente e conversamos sobre o traballo que levan adiante e da súa traxectoria. Agradecémosllo e prometémonos volver a conectar con eles para que nos vaian dando noticias súas.

Na segunda hora retomamos a "rutina" habitual de cada semana, tal e como viñamos facendo na tempada anterior, e comunicámonos co noso correspondente XOSÉ M.F.MONTES, que nos pon ao corrente das noticias que escolle para todos nosoutros, na súa sección: QUEN CHE PREGUNTOU?


E para o final deixamos a conversa con don MIGUEL ANXO VISO, Presidente do Consello Regulador do RIBEIRO, con quen departimos un chisco falando do Ribeiro e das moitas e interesantes novidades que sempre teñen. Foi curta a entevista e por iso comprometémonos a voltar a incomodalo para que nos fale da próxima-recente visita que farán a Cataluña para amosar os viños do Ribeiro a tódolos que se queiran achegar á mostra.


A vindeira semana máis. ¡Agardámosvos!

jueves, 2 de octubre de 2014

Outro xoves máis, emitindo en galego

02 de outono do 2014

Esta semana puxémonos en contacto cunha serie de persoas relacionadas cos nosos instrumentos galegos máis tradicionais e tivémola sorte de contactar con FERNANDO MOSQUERA, gaiteiro de Toledo, fundador da primeira Banda de Gaitas de Castela-La Mancha, que nos sorprendeu cunha chea de noticias moi interesantes e amosounos o moitísimo traballo que leva facendo en prol da música galega en xeral. Tamén nos falou da súa traxectoria musical e docente, así como da próxima publicación dun CD no que contará cunha ducia de colaboradores de moito renome ademais da Mosquera Celtic Band. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos voltar a contactar con el en vindeiras datas e falarmos da presentación dese seu traballo, desexándolle que colleite moitos éxitos.


Aproveitamos o contacto de ANTONIO LOMBARDÍA, responsable de relacións da Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO, de Cornellà, para que nos de cumplida información das Actividades que veñen desenvolvendo ao comezo desta nova tempada así como dos Actos que teñen previsto para este trimestre.


Chamamos a Galicia para falarmos con SITO CARRACEDO, que rexenta o OBRADOIRO do mesmo nome, adicado precisamente á Gaita Galega e outros instrumentos tradicionais. As súas informacións son leccións de mestre para todos nosoutros. Fálanos dos seus traballos de invención (Termohigrómetro, Hidrotapón) así como tamén da recuperación dunha gaita alemana (Smail Pipe), da Dudel Sac... etcétera. Tamén nos comenta, un pouco por enriba a súa publicación tan importante como é o libro "Palleta Maldita", que calquera gaiteiro que se precie debería ter ou alomenos consultar. Agradecémoslle a súa colaboración e aportación a este noso programa e despedimonos ata outro momentiño en que tentaremos roubarlle un bocadiño maís do seu tempo para que nos informe das novidades e traballos que a bon seguro estará investigando xa neles.


Para rematarmos conectamos con Guitiriz, para falarmos con XOAN XOSÉ, que dirixe a Panadería LA ESQUINA, para que nos fale dos productos que elaboran, pero moi concretamente da TORTA DE MILLO, xa que son os especialistas dese bocado exquisito da repostería daquela zona. Tamén nos pon ao corrente das posibilidades que teñen tódolos nosos oíntes e seguidores, xa que desde a súa páxina web calquera pode ser cliente e demandar os produtos que elaboran na súa panadería. Son poucos minutiños de conversa pero chegounos para coñecer un chisco máis polo miúdo este doce-postre emblemático do pobo de Guitiriz (Lugo), e os diversos produtos que poden adquirir na Panadería do Xoan Xosé. Agradecémoslle a súa atención e despedímonos del e de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves.


¡Graciñas por estardes ahí!