jueves, 29 de enero de 2015

29 de XANEIRO do 2015

Un programa máis, enchendo estas dúas horas, de radio en galego. Nesta ocasión chamamos, en primero lugar, a XOAQUIN XESTEIRA, de "TREIXADURA" co que mantemos unha conversa engaiolante, con motivo da presentación do seu último CD, que leva por título: "VENDIMA TARDA", e aproveitamos a ocasión para irmos escoitando algunhas das súas interpretacións musicais. Un privilexio para nos, e unha conversa chea de engado. Agradecémoslle, a Xoaquín, a súa amable atención e aportación ao noso programa.


A segunda intervención-conversa é con XANECO, do Grupo musical galego "OS MINHOTOS", que nos fala do seu último CD, que leva por título "PINGA D'AUGA", e do que aproveitamos para irmos escoitando un chisco de música mentres falamos con el.


Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - para falarmos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección "QUEN CHE PREGUNTOU?" e que sempre ten preparada a súa intervención comentando algunha noticia galega con certa interpretación retranqueira.


Antes de rematar, falamos con ALFONSO BECERRA, dramaturgo nado en Becerreá, que nos pon ao corrente da recente publicación-presentación do seu libro "Textículos" que nos explica, polo miúdo, en qué consiste esta publicación e tamén nos da unha pequena clase teatral coa súa mestría profesional. Agradecémosllelo e prometemos voltar a chamalo para que nos siga a ilustrar coa súa aportación e participación desinteresada. 


A vindeira semana voltaremos aquí. Á mesma hora e con máis música. Seguide sintonizándonos. ¡¡¡ Agardámosvos !!!

jueves, 22 de enero de 2015

XOVES 22 de XANEIRO do 2015

Dúas horiñas de radio en galego, dende esta nosa emisora municipal, como cada semana. A primeira intervención-entrevista-conversa é con CARMEN PENIN, cantautora, profesora e intérprete galega que nos atende moi amablemente e adiántanos os traballos que ten preparados para este ano. Moi interesantes e moi engaiolantes. "2Na Fronteira" xa é un referente da música galega e, nós sentímonos moi honrados ao tela como amiga e que sempre nos recibe con agarimo.


Na segunda hora conectamos coa RIBEIRA SACRA, concretamente con Monforte de Lemos, para fallamos con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente encargado da sección. QUEN CHE PREGUNTOU?, e que sempre nos ten preparada a súa intervención con aconteceres interesantes en Galicia. Acaba dándonos algunha que outra sentencia retranqueira. Nesta ocasión as mentiras.


Antes de finalizar conectamos con ALBERTE MONTES, monologuista, director e polifacético actor, que nos convida a asistir á súa actuación o vindeiro día 25 no ATENEO ROIG, en Gracia. Estará acompañado dun grande da comedia e dos monólogos: OSWALDO DIGÓN, baixo o título: GARDA OS CARTOS. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos volver a conectar con el para que nos siga a faltar das súas actuacións e dos seus éxitos, que lle deseamos sexan abandosos.


A semana que ven máis e, se podemos, mellor.

martes, 20 de enero de 2015

15 de xaneiro do 2015

Un programa máis deste ano 2015, no que temos que disculpar a presencia nos estudios de X.Cougil por mor do seu desprazamento ás illas Pitiusas, pero que seguro poderemos falar un chisco con el.
A primeira comunicación con Galicia é para falar con MARÍA DO CEO, cantante galega que acaba de presentar un novo CD a semana pasada e que pronto teremos aquí para disfrute de tódolos nosos oíntes. Tamén aproveitamos para que interveña Xulio dende Ibiza.


A segunda intervención é con XOSÉ M. F. MONTES, o noso correspondente na Ribeira Sacra (Monforte), encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que fai unha disertación sobre algunha das noticias sobre Galicia que el mesmo escolle.


A terceira intervención é con ELI RÍOS, que acaba de ganar un premio interesante: MODESTO R.FIGUEIREDO, o más antigo de Galicia. O título polo que ven de recibir o premio é: Remexido de patacas. Desexámollle que continúe a acadar premios nesa liña de traballo que está realizando, tan interesante.


A semana que ven máis e, se podemos, mellor.

jueves, 8 de enero de 2015

8 de XANEIRO do 2015

PRIMEIRO PROGRAMA DO 2015

Comezamos dándolles a ben-vida e felicitando o aninovo a tódolos nosos oíntes e seguidores. A proposta de hoxe encetámola coa entrevista-conversa con CARMEN PICHEL, unha "costureira" de Boqueixón, grande Modista Diseñadora e Creadora de Alta Gama. Unha honra e un pracer poder falar con ela. A súa amable atención serve para podermos aprender algo máis dela e gabarnos de ter o privilexio de poder falar cunha das máis grandes Creadoras galegas de Moda. Agradecémosllelo e prometémonos volver a comunicarnos con ela para que nos informe das súas novidades.


Aproveitamos estes minutiños para facernos eco dunha noticia luctuosa que vimos de recibir na nosa Redacción, o falecemento da SRA. CARMEN, cantadora do Grupo MALVELA, e como humilde homenaxe ofrecémoslles escoitar dúas pezas de música interpretadas por ela, pertenecientes ao seu disco persoal: Na flor dos meus anos. Deixounos a súa presencia, pero manteremos siempre viva a súa aportación musical e interpretación tan viva, a pesares dos seus anos. ¡Que a terra lle sea leve!


Na segunda hora conectamos con Galicia, concretamente coa RIBEIRA SACRA, para o apartado QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, que sempre ten preparadas unha escolleita de novidades e propostas moi interesantes.


Depois falamos con NONITO PEREIRA REVUELTA, un grande musicólogo, xa retirado, con quen mantemos unha conversa moi agradable lembrando os comezos da musicoloxía galega dos anos 70 e 90 do século pasado... Seguro que voltaremos a chamalo para que nos teña ao corrente das moitas cousas que viviu e que nos servirán para aprender algo máis sobre a nosa cultura musical galega e das suas andanzas musicais daquela época.


A videira semana máis. ¡¡¡ Agardámosvos !!!