jueves, 31 de marzo de 2016

XOVES 31 de MARZO do 2016

No programa de hoxe comezamos escoitando música de RIOBÓ, para darlle un saúdo de ben-vida á súa lider BEGOÑA Riobó, con quen mantemos unha pequena conversa chea de interese para todos nosoutros, e na que comenta os seus proxectos próximos, Agradecemoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.

A segunda conversa-entrevista é con don XESÚS PÉREZ FREIJO, que dirixe a "Queixería CASTELO", no Cebreiro. Fálanos dos éxitos que veñen acadando ultimamente, non só na Feirado Queixo do Cebreiro senón tamén en outras localidades ás que acude para amosar este producto de excepcional calidade.

Na segunda hora, como sempre, conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? na que sempre nos ten preparadas unha serie de informacións escollidas e remata cunha lectura moi retranqueira relacionada coa dor: Cómo acostuman a denominar a intensidade da dor os galegos, diseccionada en diversas FASES.

A ultima entrevista é con dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable da Asociación de Hostalaría da zona sur de Lugo, con quen xa temos conversado noutras ocasións e sempre nos recibe con moita amabilidade e infórmanos das diversas Actividades que se están a desenvolver na zona. Noutra ocasión voltaremos a chamala para que nos teña ao día das Novidades que vaian sucedéndose.

Lembren que este programa volve a re-emitirse os domingos.
A vindeira semana, máis.

jueves, 17 de marzo de 2016

17 de MARZO do 2016

Un programiña máis, en galego, con música nosa, noticias e entrevistas interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos escoitando unha peza de Milladoiro e falamos con OSCAR de SOUTO, un "colega" das ondas radiofónicas, que ten un programa en "RADIO RONCUDO", que leva por título "Ó noso xeito", e que nos da cumprida información das novidades que teñen previstas para esta fin de semana, na zona de Bergantiños. Desexámolles moitos éxitos.

A segunda comunicación, despois de escoitar outra peciña musical, é con don XOSÉ GARCÍA ALVAREZ, Presidente da Asociación de Pesca Rio NAVIA, que nos fala da Festa da Troita, que teñen previsto realizar o vindeiro día 25 deste mes de marzo.


Agora falamos co noso correspondente na Capital da Ribeira Sacra - Monforte, don XOSÉ MANUEL F.MONTES, que na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, sempre ten preparadas novidades e noticias interesantes da nosa Comunidade. Tamén nos fai unha pequena descrición-convite para os que visiten Galicia nestas festas de Semana Santa. Unha abondosa oferta festivo-gastronómica interesante.

A ultima conversa-entrevista é con don XESÚS VIZCAIA, o dono do PAZO DO MEL, en Viana do Bolo (Ourense) que nos fala das súas investigacións e novidades interesantes, como é a oferta dun novo producto. A Cervexa con Mel, ademais doutras interesantes informacións.

A semana que ven non teremos emisión, pero agardámosvos para o día 31. 
¡¡¡Non faltedes, e Felices Pascuas de Semana Santa!!!

jueves, 10 de marzo de 2016

XOVES 10 de MARZO do 2016

No programa de hoxe comezamos con música de Milladoiro, mentres tentamos comunicarnos con don XOSÉ CARLOS G.G., responsable de Cultura na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà e Presidente de XUNTANZA, con quen falamos sobre as actividades que recentemente se celebrarán na Entidade e tamén recibimos información sobre outras interesantes noticias relacionadas cos galegos en Catalunya. Prometémonos voltar a comunicarnos con el.

A segunda conversa é con BIEITO ROMEROo líder principal de LUAR na LUBRE, o Grupo máis importante da nosa música folk en Galicia, actualmente. Mantemos unha pequena entrevista relacionada coa traxectoria e cos últimos acontecementos que veñen de realizar recentemente e desexámoslles que sigan colleitando éxitos e nós que poidamos publicalos e ofrecérllelos aos nosos oíntes e seguidores.

Na segunda hora, como cada semana a conexión coa capital da Ribeira Sacra - Monforte - para falarmos co noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nesta ocasión ven chea de interesantes cousas, que teredes que escoitar si desexades enterarvos delas. A última é unha biogrfía dun galego inventor (case descoñecido). A súa aportación creativa é unha "foto" do entrevistado anterior, que nosoutros recollemos e ofrecémoslle a tódolos nosos oíntes e seguidores. ¡¡ Moitas Grazas, compañeiro !!

Despois falamos con Fernando Barroso, que será un dos participantes no RUBRIFOLKUM de Sant Boi, esta vindeira fin de semana, xunto con Peixoto e Fariña así como unha serie de grandes intérpretes e músicos amantes do folk. Desexámoslles moitos éxitos.


A vindeira semana voltaremos. ¡Non esquezades de sintonizarnos!

XOVES 3 de marzo do 2016

Comeza o programa facendo varios comentarios relacionados coa nosa cultura galega, algunhas pinceladas sobre Ramón Otero Pedraio e música galega para amenizar este primeiro "trac" de entrada no programa de hoxe.


A seguir conectamos con Galicia para falar coa señora ASSUMPTA, da Vivenda Rural do mesmo nome, en Arzúa. Unha Catalana que se estableceu nesa localidade e que ofrece no seu establecemento unha grande oferta gastronómica local e catalana de grande cualidade. Agradecémoslle a súa aportación e voltaremos a conectarnos para seguir aprendendo da súa experiencia.

Na segunda hora, coma sempre, falamos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. Montes encargado da sección Quen che preguntou? Sempre nos ten preparadas unha serie de boas e interesantes noticias.

A ultima conversa-entrevista é con dona MARISA LOZANO, unha poeta admirada que nos recibe moi amablemente e despois de comentarnos varias e interesantes cousas sobre a súa creatividade, despídenos coa declamación dunha poesía súa. Agradecémosllelo e prometémonos voltar a comunicarnos con ela, para saber e aprender algo máis da súa traxectoria.


Ate a semana que ven.