jueves, 25 de mayo de 2017

XOVES, 25 de MAIO do 2017

Comezamos o programa convidándoos a escoitar unha peza de música galega para despois comunicarnos ciroga, que nos informa da con don PEDRO SOTO, un colleiteiro de ACEITE de Quiroga que nos fala da "18 Festa-Mostra do Aceite de Quiroga" que se celebrará esta vindeira fin de semana á que asistirán media ducia de colleiteiros xunto con outros artesáns da zona.

A segunda entrevista-conversa é con dona SILVIA CASTAÑEDA, xunto con don RAÚL VELASCO, que nos atenden moi amablemente e axúdannos a informar a tódolos nosos oíntes e seguidores da "XXXVI Festa Galega da Irmandade de RUBÍ", que este ano ten como aliciente incorporado a celebración do "Iº Certame de Relatos" da Entidade. Esta fin de semana están todos convidados a participar deste grande evento na Rambla do Ferrocarril de Rubí. 


A segunda hora comeza coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte, XOSÉ MANUEL F. MONTES, que sempre ten preparadas os seus "Me Gusta" e "Non me Gusta" moi relacionados coa realidade galega do momento e termina a súa paarticipación enviándonos as súas frases retranqueiras: "O galego éche así". Tamén nos envía a súa creación artística relacionada coa súa colaboración, neste caso é unha homenaxe a Guitián, humorista gráfico da A Coruña, xa que a denuncia que lle puxeron foi sobreseída. ¡Graciñas, Xosé Manuel!


Aínda temos tempo para falar con Manu Núñez, "chef" do Restaurante "ARUME", na rúa Botella, 11-13 de Barcelona, que nos fai sabedores do que se pode degustar nese restaurante galego de grande calidade. Foron eles os que participaron no evento relacionado coa emisión da película SCIXIA, que ten como fondo principal a Costa da Morte e eles confeccionaron un menú especial con productos daquela zona. Agradecémoslle a súa participación.


A vindeira semana voltaremos á mesma hora, para ofrecervos un programiña máis, con moitoa música, novidades e entrevistas. Non deixedes de sintonizarnos e mandainos as vosas suxerencias.

lunes, 22 de mayo de 2017

XOVES 18 de MAIO do 2017

Esta semana comezamos dándolles a ben-vida e conectando con Badalona, para falar con JUAN PRIETO, Presidente da A.C.G.AGARIMOS, que está a celebrar o seu "20 Aniversario" cunha serie de actos que nos conta con detalle a polo miúdo. Agradecémosllelo e convida a tódolos nosos oíntes e seguidores para que asistan e disfruten con eles deste evento.


A segunda conexión é con OSCAR de SOUTO, poeta, comunicador e grande defensor das "nosas cousas" con quen mantemos unha agradable conversa. Agradecémoslle a súa amable conversa e a declamación dunha creación poética homenaxe a Paco Souto, recentemente falecido na Costa da Morte, nun desgrazado accidente precisamente cando "percebeaba".


Agora a sección QUEN CHE PREGUNTOU? onde intervén o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, dende Monforte de Lemos para darnos a súa aportación semanal cos seus "ME Gusta e NON me Gusta, ademais doutras cousas interesantes e curiosas, como o asunto da cervexa de grelos, que el mesmo escolle e fainos partícipe delas.


Por ultimo conversamos con dona BEATRIZ VILA FREIRE, que nos pon ao corrente da próxima celebración do "CUME TAPAS", que están a punto de celebrar e que representará seguramente outro exitazo dos restauradores e hoteis desa Ribeira Sacra Lucense.

A vindeira semana máis. Non faltedes, teremos moitas cousas interesantes e cheas de engado, adubiadas con música galega.

jueves, 18 de mayo de 2017

XOVES 11 de MAIO do 2017

Comeza o programa conectando con Galicia para falar con XABIER VIZCAINO que nos comenta as ultimas actuacións na presentación do seu ultimo traballo CD : DIÁSPORA, que está a ter moito éxito e bastante demanda. Tamén conecta con IGNACIO VILAR, para falar do filme que se presentará a vindeira fin de semana, coincidindo coa celebración das Letras Galegas no cinema Maldá de Barcelona. A película: SICIXIA está rodada na Costa da Morte de Galicia e está a ter unha grande demanda e ven de recibir varios premios.

A segunda comunicación é conmigo mesmo, que estou desplazado no Balneario de ARIÑO (Teruel), e aproveito para comentar varias das visitas que se poden realizar neste lugar de lecer tan interesante.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que coma sempre fai unha disertación e comentarios moi axeitados acompañados do seus Me Gusta e Non me gusta cos que pretende facer partícipes a tódolos nosos oíntes e seguidores. Aquí recollemos a súa aportación creativa en forma de viñeta.

E despois de escoitar algunhas informacións e pezas musicais galegas, despedímonos desexando que volten a conectar connosco a vindeira semana.


jueves, 4 de mayo de 2017

Xoves 04 de MAIO do 2017

Unha semaniña máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia, concretamente con Rianxo, para falar con GONZALO HERMO, Licenciado en Lingüística galega, recentemente doutorado, escritor e poeta, que nos pon ao corrente da súa actividade creativa e comparte con nosoutros as súas inquedanzas literarias e lingüísticas.

A segunda conversa-entrevista é con ISABEL RISCO, unha Actriz moi recoñecida en Galicia, Graduada en Pedagoxía Teatral, con quen mantemos unha moi entretida e amena conversa, falando das moitas actividades e participacións artísticas nas que colabora. Agradecémoslle a súa amable atención.

Seguimos, nesta segunda hora, falando co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, que nos fai a súa crónica semanal da sección QUEN CHE PREGUNTOU? dende Ourense, onde se atopa por motivos profesionais e participativos. A proba do mesmo témola no video que colgamos aquí mesmo. Tamén nos fai o seu percorrido habitual polos "Me Gusta e Non me gusta" moi relacionados coa actualidade da nosa comunidade Galicia.

E a ultima conversa.entrevista é con MARTIÑO MASEDA, outro Licenciado galego, escritor e poeta de Villalba, que nos fai partícipe das súas inquedanzas e creatividade, ademais de adiantarnos a próxima edición dun CD que levará por título CRAK, e que estará composto por varios poemas declamadospor el e acompañados de interpretacións musicais alusivas aos memos.

Despedímosnos ate a vindeira semana.