jueves, 8 de junio de 2017

XOVES 08 de XUÑO do 2017

Unha emisión máis, en galego, durante dúas horiñas, tentando entretervos con música, novidades, colaboracións e entrevistas interesantes. A primeira entrevista é con dona MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, que nos pon ao corrente de certas novidades moi interesantes para os que padecen o AME, con certas esperanzas para poder facer uso dunha medicina recentemente autorizada e que pronto poderán dispoñer dela: SPINRAZA. Felicitámola polos éxitos que siguen acadando.

A segunda intervención, participación, é con DIVINA CASTELO, responsable da Empresa Champivil,S.L., empresa galega dedicada a envasar productos autóctonos e naturales de Galicia. Fainos unha panorámica moi detallada de tódolos productos que teñen á venda. Poden dirixirse á súa páxina web: //champivil.com/ e mercar os seus productos, entre os que destacamos, como máis curiosos, a cervexa de grelos e as estrugas. Desexámoslles moitos éxitos.

A segunda  hora comeza coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, por parte de XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Despois dos seus "Me Gusta e Non me Gusta" de rigor semanal, envíanos uhas "galegadas" retranqueiras que seguro teñen o seu engado, que el denomina: O galego éche así.

A ultima conexión é con dona CRISTINA ALCALÁ, Xerente do Consello Regulador da D.O. RIBEIRO, que nos da cumprida información das novas relacionadas co viño Ribeiro e tamén nos fala do : RIBEIRO SON DE MÚSICA "IV Festival de Música Viño e Música", que se celebrará o vindeiro 15 de xullo en San Vicente do Mar. Tamén aproveita para informarnos dos diferentes Premios que se entregarán o vindeiro día 20 de xuño no Mosteiro de San Clodio, con motivo dos Premios Ribeiro 2017. Agradecémoslle a súa amable atención en comprometémonos a voltar a conectar con ela, en vindeiras datas, para que nos faga as valoracións pertinentes despois dos acontecementos e celebracións que realizarán. 

A vindeira semana prometemos voltar, con máis música e máis novidades. Non faltedes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario