viernes, 16 de junio de 2017

Xoves 15 de XUÑO do 2017

Un programiña máis, con todos vosoutros. a primeira comunicación que tiñamos previsto era co Profesor e Gaiteiro OSCAR IBAÑEZ, pero tivemos certos atrancos e non nos foi posible comunicarnos con el, para que nos falara desa Homenaxe a Carlos Portela e do seu traballo. Prometemos voltar a intentalo en vindeiras ocasións, e si é posible no próximo programa do xoves que ven.


Ofrecémosvos escoitar unhas pezas musicais e conectamos con Galicia, para falar con don LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, Alcalde do Concello de Sober. Un grande defensor e traballador pola Ribeira Sacra. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa.


Novamente un bocadiño máis de música e conectamos outra vez con Galicia, para falar con don ARMANDO REQUEIXO, con quen xa temos conversado noutras ocasións, pero abusamos da súa amabilidade para que nos ilustre coa súa disertación sobre literatura e libros así como as súas acertadísimas indicacións e recomendacións sobre o qué sería acosellabel ter á man este verán, para entreternos, aprender, ler e divertirnos un chisco. Prometémonos facerlle unha visita persoal cando vaiamos á Terra.


Seguimos escoitando música e voltamos a Lugo para falar con don ALFONSO MÍGUEZ, CHEF-Cociñeiro do Restaurante Manuel-Manuel, na rúa Monte Faro, 19, xunto ao Parque da Milagrosa. A conversa xira arredor do traballo que ven desempeñando con grande éxito dende fai moitos anos e que lle da fama a ese Restaurante de grande sona en Lugo. Agradecémoslle a súa participación no noso humilde programa e falamos de poder saudarnos persoalmente no verán, aproveitando o lecer das vacacións, si é posible, claro.


Desexamos que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves e graciñas por escoitarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario