jueves, 29 de junio de 2017

Xoves, 29 de XUÑO doi 2017

Comezamos o programa escoitando unha peciña musical para conectar con Galicia, concretamente con don DAVID DORADO, un grande artesán afincado en San Román de Cervantes (Os Ancares, para máis señas). Fálanos da súa experiencia como autor e creador de pezas artesanais moi ben elaboradas que se poden apreciar na súa páxina web: https://artesaniachavello.com/


Despois conectamos con don FELICÍSIMO PEREIRA, Presidente da D.O. Ribeiro, con quen falamos da recente Festa que veñen de celebrar no Mosteiro de San Clodio, para entregar os Premios D.O.Ribeiro. Tamén nos comenta un chisco as recentes presentacións de viños en Madrid, das diferentes distincións que recibiron ultimamente, da IVª Edición do Festival Ribeiro Son de Viño que se celebrará en San Vicente do Mar o próximo 15 de xullo. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a falar con el para que nos siga informando das novidades do Ribeiro.


A segunda hora encétaa o noso correspondente, en Monforte XOSÉ MANUEL FERNANDEZ MONTES, que sempre ten preparados os seus Me Ghustan e Non me Ghustan e acaba enviándonos as súas recomendacións para disfrutar dalgún acontecemento ou Festa Galega de prestixio. Tamén nos envía a súa creación a modo de viñeta-dibuxo,coa que sempre nos agasalla.


Despois voltamos a conectar con Galicia para falar con don JORGE ISLA, da D.O. Valdeorras, que nos informa da "XX Feira do Viño de Valdeorras", prevista para a fin de semana do 15 e 16 de xullo vindeiros. Agradecémoslle a súa aportación ao noso programa e comprometémonos voltar a conectar con el para estar ao día das novidades que se vaian producindo.


E acabamos este programa fina de tempada, desexándolles que pasen un ¡¡¡ FELIZ VERÁN !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario