jueves, 30 de noviembre de 2017

XOVES 30 de novembro do 2017

Ultimo programa do mes dos SANTOS, que comezamos ofrecéndolles unha peza musical e conectando con Galicia para falar con XOSÉ LUÍS LIS Latas, artesán e Profesor no seu Obradoiro de Gaitas en Lugo. Unha conversa que nos fai coñecer un chisco máis a súa creatividade e grande investigación arredor da Gaita Galega.


A segunda entrevista é co Poeta Labrego de Chantada, PACO LEDO, que nos comenta a súa faceta creativa e traballo de labrego enxebre na zona de Chantada. Moi amable e bon coñecedor da zona, que acaba agasallándonos coa declamación dun dos seus  fermosos poemas.


O noso aparatado QUEN CHE PREGUNTOU? do que se encarga Xosé Manuel F. Montes, sempre comeza cos seus Me Ghustan e Non Me Ghustan, que elixe moi axeitadamente, acompañados dos seus comentarios complementarios. Tamén aproveita para introducir a súa aportación especial adicada ao noso idioma que el mesmo denomina "O Galego éche así". 


Finalmente falamos con ROBERTO REGAL, enólogo e adegueiro que nos comenta as ultimas novidades sobre a súa Adega ENONATURA, na Ribeira Sacra, así como outros traballos nos que participa, sempre relacionados coa viticultura. Agradecémoslle a súa aportación no noso humilde programa.


A vindeira semana non teremos programa. É festivo. Agardámosvos na vindeira ocasión.

jueves, 23 de noviembre de 2017

XOVES 23 de Novembro do 2017

Comezamos o programa conectando con XOAN CURIEL, cantautor galego nado en Fonsagrada que nos comenta as últimas intervencións, concertos e demáis actuacións na súa carreira profesional, así como a pronta edición dun seu CD que porá no prelo no primeiro trimestre do ano 2018. Agradecémoslle a súa atención e participación no noso programa.


En segundo lugar conectamos con ELENA FERRO a zoqueira máis internacional que temos en Galicia. Explícanos a evolución da Tenda-Taller de Eferro, así como tamén das súas creacións artísticas, que se poden adquirir por Internet, na súa páxina web (http://elenaferro.com/es/), e que ten unha actividade nas Redes Sociais moi importante. Desexámoslle moitos éxitos.


Nesta segunda hora, como cada semana, Xosé Manuel F. Montes, o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, fainos partícipes das súas reflexións cando nos amosa os seus MeGhustan e NonMeGhustan, que argumenta moi axeitadamente. Tamén nos envía o seu debuxo para compartir, alusivo ao programa.


Tamén falamos con don JUAN R.GOMEZ DACAL, do CENTRO GALEGO DE LLEIDA, encargado da páxina (blog) do Centro:  "Cengallei", coordenador e director da Revista "Xurdimento" do Centro. Fainos unha crónica moi completa e exahustiva das actividades que están a levar a cabo, con motivo da celebración da "Semana Cultural das Casas Rexionais de Lleida". Aproveitamos para facerlle algunhas preguntas máis sobre as Actividades da Entidade. Agradecémoslle a súa atención.


Comentamos tamén as Actividades, que se levaron a cabo o sábado pasado, na A.C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà, con motivo da entrega dos Premios do "31 Certame de Poesía Rosalía de Casto", e damos a coñecer os nomes dos gañadores, que próximamente tentaremos entrevistar na nosa radio. E antes de finalizar o programa aínda temos tempo de falar da "IIIª Gala-Xantar de GALICIAME" que se celebrará en Cambados o día 8 de decembro, concretamente nas Adegas Condes de Albarei. Esta Gala que será presentada por Belén Xestal e o noso compañeiro Armando Fernández.


Agardamos que pasen unha feliz semana. O vindeiro xoves aquí estaremos.

viernes, 17 de noviembre de 2017

XOVES 16 de Novembro do 2017

Un programiña máis de dúas horas en galego. Comezamos conectando con LUCÍA PÉREZ, esa cantautora galega que nos representou na Eurovisión do 2011, e que segue a colleitar éxitos na súa traxectoria profesional. Agora mesmo está a presentar un programa na Radio Televisión Galega, tódolos luns: "Quérote tanto", que está a ter moito éxito. Tamén nos informa da súa participación, nesta vindeira fin de semana, nun concerto en Pamplona, a beneficio do proxecto Home.


A segunda conversa é con DANIEL ARZA, de CAURELOR, que nos da cumprida información das novidades e propostas que están a confeccionar para este Nadal. Sempre nos atende con amabilidade.


Continuamos na segunda hora coa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes. Os seus Me ghustan e Non Me Ghustan sempre teñen un punto de retranca galega moi interesante, e finaliza a súa intervención cun comentario moi axeitado sobre a frase "Quítalle algo..." A súa aportación creativa fai referencia a un "cabodano" de tristes consecuencias para Galicia.


A ultima intervención é unha entrevista que nos concedeu don Xosé Lois Lamazares, da Empresa "Galletas Daveiga", radicada en Chantada e que nos fala dos difíciles comezos e da actual situación boiante e próspera que está a ter moita demanda, especialmente en Portugal. Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslle moitos éxitos nos seus proxectos e obxectivos.


A vindeira semana voltaremos. non deixedes de sintonizarnos.

viernes, 10 de noviembre de 2017

XOVES 09 de Novembro do 2017

O programa de hoxe comeza conectando coa Presidenta de GALICIAME, dona Merchi Álvarez, que informa dos obxectivos previstos para o día 8 de decembro deste mesmo ano. Un grande evento que este ano celebra a súa 3ª edición da GALA XANTAR Benéfico Galiciame, con grandes personaxes do ambente cultural e artístico de Galicia. Os ingresos que se acaden serán dedicados para a investigación que se realiza no Hospital San Joan de Deu, en Barcelona, para atopar remedios para a Atrofia Muscular Espinar. Agradecémoslle a súa aportación.


A segunda intervención-entrevista é co Restaurante " El Parrulo " de Ferrol, que nos atende moi amablemente e nos fai partícipes da súa traxectoria e propostas culinarias.


Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente XOSE MANUEL F. MONTES, en Monforte de Lemos, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e aproveitamos para compartir esta intervención co noso compañeiro Xulio Couxil, que tamén participa, dende Menorca, onde se atopa desprazado. Despois dos seus "Me ghustan e non me ghustan" envíanos o seu creativo dibuxo, alusivo ao programa de hoxe.


Finalmente conectamos novamente con Galicia, para entrevistar a CÁNDIDO PAZÓ, un grande da interpretación no eido cultural galego.


Non deixedes de sintonizarnos e pasade unha feliz semana. Agardámosvos o vindeiro xoves. non altedes!

jueves, 2 de noviembre de 2017

XOVES 2 de NOVEMBRO do 2017

Unha semaniña máis, con todos vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de radio en galego. Comezamos coa intervención dun Escultor-Artesán da madeira e da pedra, ubicado en Sàrria, en pleno "Camiño de Santiago". Dámoslle a benvida, pois, a don JOSE LUÍS GARCÍA MOREIRA, propietario do Obradoiro "ARTE-SAN". Unha conversa moi interesante e enriquecedora.

Continuamos con outro Artesán, esta vez de PAN. Don MANUEL BARREIRO, propietario da Panadería-Pastelería ANXEMI, de Pontevedra, que nos pon ao corrente das súas creacións e investigacións relacionadas co pan tradicional e artesán, así como as ofertas de pastelería, que está a ter tanto éxito no seu entorno.

A seguinte entrevista é a dona Mari Carmen Verea, coordinadora da "30 Festa da Castaña no Caurel" que nos comenta as actividades a realizar o vindeiro día 4 de novembro para celebrar esa Festa declarada de Interese Público.

Para finalizar conectamos con David López, membro do Centro de Desenvolvemento Rural dos Ancares, concretamente de Cervantes. Agradecémoslle a súa amable atención.

Desexamos que pasen unha feliz semana. O vindeiro xoves agardámosvos outra vez.