jueves, 21 de diciembre de 2017

Ultimo programa do ano 2017

XOVES 21 de DECEMBRO do 2017

Comezamos o programa cunha novidade: emitimos vía facebook este ultimo programa do ano e podedes comprobalo neste enlace: Galegos no BAIX. A primeira comuniciación é con dona CONCHA LOSADA, responsable do APOI do Museo do POBO GALEGO. Mantemos unha conversa moi interesante sobre as múltiplas oportunidades que se poden disfrutar nese edificio emblemático onde se aloxa o MPG, en San Domingos de Bonaval.


A segunda comunicación é con MAR AMBRONA MARCIAL, da empresa https://www.exquisitec.es/ especializada en marisco e tamén en http://www.portodecambados.com/. Fálanos dos productos en fresco e en conserva (conxelados) que se poden adquirir para estas datas nadalencas. A súa especialidade son as Vieiras, pero este ano non se poderán adquirir pola "veda" actual. Agradecémoslle a súa amable atención.


O apartado "Quen che Preguntou? que está a cargo do noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra, Monforte, Comeza cos seus "Me ghustan e Non me ghustan" sempre moi ben escollidos e acaba a súa intervención coa descrición dunha salientable nota sobre unha noticia interesante, ademais de enviarnos a súa colaboración creativa, que compartimos con todos vosoutros.


Finalizamos o programa de hoxe conectando novamente con Galicia, para falar con Cheri Galindo, do Concello de Vilalba, que nos fala da Feira do Capón de Nadal da vila de Vilalba. Aproveita para falarnos doutras esquisiteces que se poden atopar nesa localidade, como é o Queixo de San Simón e os Roscos dos Andrade, que se poden degustar no Hostal Anduriña.


Aproveitamos para desexarlles un moi FELIZ NADAL e que teñan unha feliz saída de ano vello e ventureira entrada de Aninovo 2018. Agradámosvos despois de Reises.

jueves, 14 de diciembre de 2017

XOVES 14 de DECEMBRO do 2017

Un programiña máis, penúltimo do ano, para tentar entretervos perante estas dúas horiñas, en galego. Comezamos escoitando unha peciña musical e deseguida conectamos con Galicia para falar con QUICO CADAVAL, que nos atende moi amablemente e con quen mantemos unha conversa-entrevista na que aproveitamos para felicitalo pola súa aportación e participación na GALA de GALICIAME, en Cambados, a semana pasada. Tamén nos fala do seu traballo e das súas propostas para o vindeiro ano, nas que está traballando. Agradecémoslle a súa paticipación.


Despoiss conectamos con MERCHI ALVAREZ, a nosa amiga Presidenta de GALICIAME, que nos conta unha serie de cousas moi interesantes relacionadas coa Asociación, co seu traballo, co éxito acadado na GALA de Cambados a semana pasada, coa recepción no Senado (en Madrid) a coincidencia con Richard Gere... moitas e interesantes cousas.


Na segunda hora intervén o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Os seus Me ghustan e non Me ghustan son sempre unha recopilación moi interesante na que aprendemos e coñecemos algo máis da nosa Galicia. E como xa sabedes todos, envíanos a súa aportación creativa alusiva a algo do contido do programa, que nós compartimos con todos vostedes. ¡Moitas grazs, Xosé Manuel!


Finalmente chamamos a Marcos de Manuel, pai dun neno que padece AME, socio da Galiciame, e que ven sendo tratado dende fai uns anos no Hospital San Joan de Dios, aquí en Barcelona. Fálanos das súas inquedanzas e do día a día familiar. Agradecémoslle a súa colaboración no noso programa.


O vindeiro xoves agardámosvos a todos, á mesma hora, outra vez. Teremos sorpresas agradables e moi interesantes. Non faltedes!!! Que pasades unha feliz semana!!!