jueves, 25 de enero de 2018

Xoves 25 de xaneiro do 2018

Comezamos esta nova emisión de dúas horas en galego conectando con Badalona, para falar con MERI Rodríguez, responsable da Secretaría da A.C.G.Agarimos, e Profesora do Grupo de Gaitas e Danzas da Entidade, para que nos fale dese evento que teñen previsto realizar o vindeiro día 27 deste mesmo mes no Centre Civic La Salut: Actuación Didáctica. Agradecémoslle a súa aportación no programa.


A segunda intervención é con TOÑO NÚÑEZ, Poeta lugués, co que mantemos unha pequena conversa sobre a súa traxectoria creativa e outras interesantes novidades.


Continuamos a segunda hora conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte. Xosé Manuel F.Montes, fainos a súa crónica habitual de cada semana aportando ademais os seus "Me ghustan e Non me Ghustan" ademais das recomendacións para as fins de semana entrantes, e que son tan apetecibles. Ademais recibimos a súa creación en forma de viñeta, alusiva a algunha parte da emsión de hoxe.


A seguir conectamos con Rubén, pero neste caso a equivocación, en directo, é de resaltar non só polo "descuido" senón tamén porque non é este o "interfeuto" a quen tiñamos que entrevistar, senón o barbeiro-peluqueiro de Armando, que nos salta, sen querer, na conversa. A imaxe alusiva ao mesmo é a que nos envía o noso correspondente Xosé Manuel... Mil disculpas aos nosos oíntes e seguidores!!!


Agora sí que falamos con RUBÉN, da Casa Castelao, en A Fonsagrada. Comentamos a celebración da "XXI Feira do Butelo" nesa localidade. Coméntanos as novidades relacionadas con esa empresa que el mesmo rexenta e ademais de agradecerlle a súa colaboración despedímonos desexándolle moitos éxitos a el e a esa Feira do Butelo prevista para os vindeiros días 3 e 4 de Febreiro.


¡Moitas grazas por seguirnos, queridos oíntes! A vindeira semana prometemos voltar.

jueves, 18 de enero de 2018

XOVES 18 de xaneiro do 2018

Comezamos un novo programa de dúas horiñas de radio en galego, desexando que sexa do voso interese. A primeira comunicación-entrevista é con dona SARA INES VEGA NÚÑEZ, Alcaldesa do Concello de Castro Caldelas (Ourense). Infórmanos, moi polo miúdo, da celebración da "Festa dos Fachós" nesa Vila galega que tanto aprezan a recuperación e mantemento do tradicional. Agradecémoslle a súa aportación neste noso programa e desexámoslles moitos éxitos.


A segunda conexión é con ANTÓN DE GUIZÁN, un poeta de Guitiriz, que nos pon ao corrente das actividades poéticas e culturais que están a levar a cabo nesa vila lucense. Destaca a realización do concurso de "Vilariñas" ás que se poden presentar todos os que o desexen, xa que o prazo remata no mes de abril próximo. Nas dúas páxinas que teñen abertas a tódolos públicos podedes atopar as bases e o enderezo para participar e disfrutar.


na segunda hora temos que disculpar a presencia do noso correspondente Xosé Manuel, encargado da sección Quen che Preguntou? que hoxe non pode estar con nosoutros. En pago da súa participación temos o pracer de conectar con Yoseba M.P., un "muralista", Profesor de Pintura. Unha persoa moi interesante e que está a ter moita repercusión mediática polo seu traballo tan interesante. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.


Falamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT), que nos adianta a celebración do "XV Festival de Botillo en Cataluña", para o vindeiro día 17 de febreiro. Farán a presentación e rolda de Prensa no Hotel Front Air de Sant Boi, esta mesma fin de semana. O prezo do menú será o mesmo de anos anteriores así como o lugar de celebración, o mencionado Hotel Front Air de Sant Boi. Seguiremos informando en vindeiras datas.


A ultima entrevista é con ROSA GONZÁLEZ, compoñente do Grupo Folk DONICELAS, de Salceda de Caselas, coa que mantemos unha conversa moi amena e chea de interesantes noticias relacionadas coa súa traxectoria e co traballo que están a realizar. Despois de agradecerlle a súa atención de hoxe, comprometémonos a voltar a contactar con elas para que nos sigan informando da súa traxectoria musical.


A vindeira semana máis. non deixedes de sintonizarnos.

jueves, 11 de enero de 2018

Primeiro programa do ano 2018

11 de XANEIRO do 2018

Comezamos o programa dándolles a ben-vinda e escoitando unha peciña musical para saudar á nosa primeira convidada CARMEN VÁZQUEZ, en Porto do Son e nai de Tiago, que padece AME e foi o primeiro neno (de tres aniños) que acaba de ser tratado con esa menciña tan cara e que está a ter uns resultados moi satisfactorios. Agradecémoslle a súa aportación neste noso programa e seguiremos a súa traxectoria.


O segundo contertulio, entrevistado, é XURXO ALBA, que dirixe a Adega ALBAMAR, de Castrelos (Cambados). Unha conversa moi interesante que nos fai partícipe da súa paixón pola viticultura e prometémonos voltar a conectar con el para que nos informe do proxecto que ten con varios amigos para amosar os praceres do viño nun acontecemento que se celebrará no mes de Abril en Barcelona e que leva por título "Vinos off the record", e que xa ofreceron en Madrid. Estaremos atentos para que nos informe con máis detalle en vindeiras entrevistas.


Na segunda hora conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparados os seus "Me Ghustan" e "Non me ghustan" moi ben escollidos e cos que nos aporta certa documentación e información precisa sobre eles. Tamén nos fai unha recomendación para visitar e disfrutar en Galicia, referida a algún acontecemento relevante ou Festa importante. Nesta ocasión é a "Festa dos Fachós en CASTROCALDELAS" para a vindeira fin de semana, concretamente o día 19 de xaneiro a partir das 19:45horas.


A última intervención-entrevista é con don LUÍS VILLARES, responsable da formación política "En Marea", con quen mantemos unha conversa moi interesante e prometémonos voltar a retomala en vindeiras datas, para ampliar os nosos coñecementos coas propostas que ofrecen para os cidadáns.


Despedímonos ate o vindeiro xoves e agardamos que volvan a sintonizarnos.