jueves, 22 de febrero de 2018

XOVES 22 de FEBREIRO do 2018

Comezamos o programa dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar unha peza musical titulada "repoludo Gaiteiro", interpretada por Amancio Prada, pra recibir a Carlos Alonso Calderón, con quen falaremos dun gaiteiro que faleceu non hai moito tempo, daquelas contornas de Fonsagrada e arredores, concretamente de Armando Fernández, máis coñecido por "O Freixeiro", aldea da súa procedencia. Agradecémoslle a Carlos a súa aportación no programa de hoxe.

Para a segunda entrevista poñémonos en contacto con SALETA FEERNÁNDEZ, Atleta Monfortina, Campeona de España de Salto de Altura, que nos fala da súa traxectoria como deportista de élite. Grande profisional á que lle desexamos moitísimos éxitos.

Comezamos a segunda hora coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre ten preparados os seus "Me ghustan e Non me Ghustan" cheos de informacións moi ben escollidas e finaliza a súa intervención cunha descrición retranqueira do refraneiro galego, ademais de enviarnos a viñeta alusiva ao programa de hoxe, coa que homenaxea o pasamento de "Forges".


E finalizamos o programa de hoxe falando con Nieves Fernández Vidueira, a pastora-poeta e artista de Quintela do Pando (Viana do Bolo), que nos pon ao corrente do éxito acadado no Domingo Gordo en Viana do Bolo, coa posta en escea da montaxe espectacular do "Deus do Entrudio", portado por un conxunto extraordinario no que estaba representado o Castelo de Viana, o Aviador de Quintela e o Deus do Entrudio, confeccionado polos seus fillos e un grande equipo. ¡Parabens! Foron agasallados co Primeiro Premio do desfile polo Concello de Viana. Tamén comenta connosco parte da súa traxectoria profisional e falamos unchisco do seu labor confeccionando figuras con raíces de uz e outras árbores, coas que ten un "museo" de máis de cincocentas pezas. Tamén falamos dos seus poemas, que ela lle chama "rimas" e que nos aprezamos tanto e que deixamos para outro momento no que a comprometeremos que nos declame. ¡Moitas Grazas, Nieves!


Pasade unha feliz semana e non deixedes de sintonizarnos o vindeiro xoves, á mesma hora.

jueves, 15 de febrero de 2018

XOVES 15 de febreiro do 2018

Un programiña máis de dúas horas en galego con todos vostedes. Hoxe comezamos conectando con don GONZALO LOSADA COLMENERO, un galego de Xinzo da Limia, que vive en Calella dende hai tempo e que nos pon ao corrente da "Festa do Entroido" naquelas contornas, que ten como unha importante caracterísitica principal: as caretas que chaman "Pantallas" e fainos un percorrido pola súa celebración perante cinco semanas consecutivas. Unha conversa moi interesante que nos comprometemos a continuar en vindeiras datas, para que nos informe das moitas cousas que quedaron no tinteiro, nesta ocasión. ¡Graciñas Gonzalo!

A segunda conexión é con dona CARMEN PENIN, de "Herdeiras", que nos fala da súa traxectoria musical presentando ese traballo tan fermoso que mentamos no comezo e que está a acadar moitos éxitos e tódolos pobos e vilas nos que o presenta. Agradecémoslle a súa participación de hoxe.

Comezamos a segunda hora coa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, que comeza a súa intervención lendonos unhas coplas do remate do Entroido en Monforte e a seguir danos os seus Me Ghustan e Non me Ghustan de cada semana. Deixa para outra ocasión algo relacionado coas "presas". Tamén nos envía a súa creación en forma de viñeta, alusiva ao programa.


Finalizamos o programa de hoxe falando con Carlos Xavier, "CHEF do Restaurante "Merenzao". Ademais de facernos partícipe da súa grande profisionalidade que se ve reflexada ao incluír este Restaurante na Guía Repsol. Tamén nos informa de cando comezarán a seguinte tempada, xa que en tempo de inverno encerran e inaugurarán con moitas novidades na penúltima semana de marzo. Desexámoslle moitos éxitos e tamén nos propoñemos volatar a falar con el en vindeiros programas.


Que pasedes unha feliz semana. O vindeiro xoves aquí estaremos, outra vez.


domingo, 11 de febrero de 2018

XOVES 7 de FEBREIRO do 2018

Comeza o programa coas presentacións de rigor e a seguir conectamos con Galicia para falar con Óscar Sotelo "Frebas", autor do libro "Entruidos e Máscaradas na Galiza", para que nos comente as súas impresións sobre os Entroidos Galegos. 


A segunda entrevista é con dona LAURA ESTÉVEZ, das Bodegas e Viñedos Estévez, no Bierzo, que serán os encargados de suministrar o viño para o "XV Festival do Botillo" en Cataluña, organizado por ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña). Agradecémoslle a súa participación.


Na segunda hora comeza a sección QUEN CHE PREGUNTOU? que leva adiante o noso correspondente Xosé Manuel F.Montes, en Monforte de Lemos. Inicia a súa intervención cos seus Me Ghustan e Non me Ghustan, para finalizar coas súas frases recollidas e interesantes. Envíanos tamén a súa creación dibuxada alusiva ao programa de hoxe.


A ultima intervención é coa Sña.Paloma, da "terra da carqueixa", que nos fala do seu traballo relacionado coas Androllas e outros produtos que se mercarán na Festa da Androlla en A Fonsagrada.


E despedímonos ate a vindeira semana. Non deixedes de sintonizarnos e que sexades felices!!

jueves, 1 de febrero de 2018

XOVES 1 de FEBREIRO do 2018

Comezamos unha nova emisión de dúas horas de radio en galego. A primeira intervención é con don Gabriel, compoñente do Grupo BRIGAN FOLK, que veñen a presentar o seu ultimo traballo titulado "Rua San Giacomo", un disco confeccionado con música fusionada do sur de Italia (Nápoles) e Galicia. Presentarase primeiramente na Ronda Barcelona, na c/ Consell de Cent 382. Agradecémoslle a súa participación no noso programa.


A segunda conversa.entrevista é coa nosa amiga MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, que nos pon ao corrente das diferentes novidades relacionadas coa AME e coas súas inquedanzas. Para nosoutros é un verdadeiro pracer contar coa súa colaboración desinteresada.

En terceiro lugar poñémonos en contacto con don JOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Ilmo.Alcalde do Concello de Navia de Suarna, que nos fala de diferentes aspectos desta vila luguesa. Entre outras cousas fálanos da próxima Festa da Androlla, que este ano chega á súa XXVIII edición. 



Na segunda hora continuamos a nosa emisión coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUE CHE PREGUNTOU?, e que sempre ten preparadas moitas e interesantes noticias que el mesmo nos debulla cos seus ME Ghustan e Non Me Ghustan, acabando a conversa cun refrán. Tamén nos agasalla coa súa creación en forma de viñeta alusiva ao programa de hoxe.

Despois conectamos con OSCAR DE SOUTO, escritor e poeta do batallón poético da Costa da morte. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.


E despedímonos ate a vindeira semana. Non deixedes de conectarnos.